Afonso Castro

Iníciase na arte de tocar a gaita de forma autodidacta no ano 1981. Xa no 1983 inicia a súa formación na construción de instrumentos musicais no Obradoiro-Escola de Gaitas e Zanfonas da Universidade Popular de Vigo, da man dos mestres artesáns Antón Corral, Ramón Casal e Carlos Corral. Foron tres anos fundamentais no seu proceso evolutivo que deron coa apertura do seu propio obradoiro no ano 1986, inicialmente asentado na vila natal da Guarda, trasládase no ano 1989 á súa instalación actual no concello do Rosal.

Dende o comezo realiza unha labor de investigación e perfeccionamento da gaita de cara a mellorar o seu son e afinación, a súa teima céntrase na consecución dun instrumento dunha especial calidade, tanto nos materiais utilizados coma na obtención da mellor sonoridade e estabilidade.

Froito deste continuo traballo podemos reseñar que actualmente está fabricando gaitas con unha escala menor moito máis segura e afinada, e con unha escala máis ampliada.

Outro logro importante foi o de conseguir gaitas que se poidan tocar tanto en pechado como en aberto (ver dixitación) nun intento de facilitar a recuperación desta última dixitación.

De cara a facilitar a labor do gaiteiro modificou as tonalidades para que utilicen o mesmo tamaño de palleta (Do-N, Si-N, Si-b e La-N utilizan a palleta estándar de Do) e (Re-N, Mi-b e Mi-N utilizan a mesma palleta de Do recortada 1,5mm)

En decembro de 2012 sacou a válvula de pallón, peza que da solución os problemas de sincronización dos roncos con o punteiro tanto o comezo como o remate da interpretación e que mellora considerabelmente as variación do ronco.

Como gaiteiro é compoñente dos CARBALLAS do Rosal e do grupo folk DEIXANDAR tamén do Rosal.

Ir a INICIO


 
Afonso Castro
Casal, 24   -   36770    O Rosal   -   Pontevedra   GALIZA
Tlf.: (34) 986 625441    -   obradoiro@afonsocastro.com
Todos os dereitos reservados a Afonso Castro S.C.