Valvula de pallón

Esta nova invención foi deseñada e patentada por Afonso Castro.

A función principal é evitar que os roncos comecen a soar antes de que o faga o punteiro e impedir que sigan soando o rematar.

Ademais o son dos roncos é mais estable e donde mais se percibe e no requínteo que diminúe moito a variación deste.

De sinxela colocación é moi fácil de regular, con un simple xiro coa chave, consigues regulala para que empeze e remate o par do son do punteiro.

Sirve para todo tipo de pallóns, señan de cana ou sintéticos e pódese utilizar tanto para o ronco como para a ronqueta e chillón.

Vista da válvula en varias posicións

A válvula vai no fondo da buxa, colocase e regulase por medio da chave de pallón que tamén subministramos. Dita chave ten por un lado rosca, na que roscamos o parafuso da válvula e así podemos introducila ou retirala da buxa. Por outro lado ten cabeza hexagonal, coa que axustamos a tuerca que ten a válvula, xirando esta regulamos a que presión queremos que comence a soar o ronco

Chave da válvula de pallón

 

Na seguinte imaxe podese ver como queda colocada a válvula

Ver video de explicación

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Ver video en youtube

Ir ao comezo


Afonso Castro
Casal, 24   -   36770    O Rosal   -   Pontevedra   GALIZA
Tlf.: (34) 986 625441    -   obradoiro@afonsocastro.com
Todos os dereitos reservados a Afonso Castro