Anelados

- Nesta páxina pódense ver con detalle os tipos de anelados que habitualmente utilizamos. Estes reforzos que levan as pezas da gaita nos seus cantos, teñen como fin o de evitar que poidan rachar, e do mesmo modo tamén teñen función estética -


Aceiro inoxidábel

É o anelado que máis recomendamos xa que cumpre mellor que ningún coas funcións de reforzo das pezas e ten un acabado comparábel á prata recen pulida, coa vantaxe de que este mantén o mesmo acabado co paso do tempo.

Aceiro na madeira de granadillo
Aceiro na madeira de buxo
Aceiro na madeira de mocambo
Aceiro na madeira de bubinga

Metacrilato

Material plástico de gran dureza, moi utilizado actualmente. Traballamos a cor negra e a cor marfil.

Metacrilato cor marfil en madeira de granadillo

 

Metacrilato negro en madeira de granadillo

 

Metacrilato negro na madeira de buxo

 

 

Metacrilato negro na madeira de mocambo

 

 

Metacrilato negro na madeira de bubinga


Ir ao INICIO

Afonso Castro
Casal, 24   -   36770    O Rosal   -   Pontevedra   GALIZA
Tlf.: (34) 986 625441  
  -  obradoiro@afonsocastro.com
Todos os dereitos reservados a Afonso Castro