Válvula de pallón


Esta nova invención foi deseñada e patentada por Afonso Castro.

A función principal é evitar que os roncos comecen a soar antes de que o faga o punteiro e impedir que sigan soando ó rematar.

Ademais, o son dos roncos é mais estable. No requinteo, por exemplo, a variación sonora dos roncos diminúe notablemente grazas á válvula de pallón.

A colocación é sinxela e fácil de regular, cun simple xiro coa chave consegues regulala para que empeze e remate ó par do son do punteiro.

Serve para todo tipo de pallóns, de cana ou sintéticos, e pódese utilizar tanto para o ronco como para a ronqueta ou o chillón.

Vista da válvula en varias posicións

A válvula vai no fondo da buxa, colócase e regúlase por medio da chave de pallón que tamén subministramos.
Esta chave ten por un lado rosca, na que se enrosca o parafuso da válvula e así poder introducir ou retirar esta da buxa; e por outro lado ten cabeza hexagonal, coa que axustamos a tuerca que ten a válvula. Xirando esta regulamos a presión que fai na lámina de peche do aire, conseguindo de esta forma regular a qué presión pasa o aire, e polo tanto, cando queremos que comece a soar o ronco.

Chave da válvula de pallón

 

Na seguinte imaxe pódese ver como queda colocada a válvula



Ver video de explicación
:

El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

Ver vídeo en youtube:

Ir ao INICIO


Afonso Castro
Casal, 24   -   36770    O Rosal   -   Pontevedra   GALIZA
Tlf.: (34) 986 625441  
  -  obradoiro@afonsocastro.com
Todos os dereitos reservados a Afonso Castro