Aquí mostramos as distintas características que se poden escoller para facer o pedido do instrumento
Características a escoller nos pedidos
Aquí mostramos as distintas características que se precisa escoller para facer o pedido do instrumento:
1º Tonalidade
A tonalidade máis utilizada é a de Do-n mais tamén son pedidas a miúdo as tonalidades de Re-n, Si-b, La-n, Sol-n… polo que a tonalidade que se necesita é o principal a ter en conta no pedido.
2º Acompañantes
A gaita pódese pedir nos seguintes xeitos e entrégase dentro dun bolso de transporte con todo o kit de repostos.
a.- Gaita básica con ronco
b.- Gaita con ronco e ronqueta
c.- Gaita con ronco, ronqueta e chillón
D.- Gaita con ronco e chillón, forma Perfecto Feijóo
3º Madeiras e anelados
1ª-Granadillo
É a madeira con máis sonoridade, aquí mostrámola nos anelados que utilizamos
Granadillo anelado en aceiro inoxidábel
Granadillo anelado en metacrilato beis
2ª- Buxo
A madeira da nosa terra que se caracteriza por ter un son amábel e potente, expomos os anelados que utilizamos:
Buxo anelado en aceiro inoxidábel
Buxo anelado en metacrilato negro
3ª- Mocambo
madeira de procedencia americana ten unhas características moi similares ao buxo e os anelados que utilizamos son os mesmos:
Mocambo anelado en aceiro inoxidábel
Mocambo anelado en metacrilato negro
2ª- Bubinga
madeira de procedencia africana ten unhas característica e calidade prezo moi boas pois a calidade que temos asemellase ao buxo. Os anelados son:
Bubinga anelado en aceiro inoxidábel
Bubinga anelado en metacrilato negro
4º Vestidos
Para a elección do vestido vaia á páxina de VESTIDOS onde poderá ver ver todos os que ofrecemos.
5º Extras
Como extras están os traballos que lle dan unha mellor estética á gaita como os vestidos de dous tecido ou os dobres anelados e gravados:
Granadillo, anelados máis espigos
en aceiro inoxidábel
Granadillo con buxo, anelados
en aceiro inoxidábel
Granadillo con metacrilato beis,
anelados en aceiro inoxidábel
Granadillo con buxo, gravado e anelado en aceiro inoxidábel