Obradoiro

Este obradoiro inicia a súa actividade no ano 1986, e dende os seus comezos tense marcado como meta o perfeccionamento da gaita galega como instrumento tradicional e auténtico símbolo musical de Galiza.

A innovación nos materiais e nas formas, unido ao labor de perfeccionamento, fan que o resultado final case na tradición e na modernidade permitindo gozar dun son tradicional pero depurado, e dun instrumento sobrio e natural pero con novidosos aportes técnicos.

Froito do continuo traballo destacan as notables melloras tanto tímbricas como técnicas das gaitas actuais, entre as que se poden destacar a posibilidade de tocar tanto en dixitación pechada como en aberta (ver dixitación), a evolución da escala menor, máis segura e afinada, ou á invención e deseño da válvula de pallón no 2012, peza que dá solución ós problemas de sincronización dos roncos co punteiro, tanto ao comezo como ao remate da interpretación, e que mellora considerabelmente as variacións do ronco.

De cara a facilitar o labor do gaiteiro, modificáronse as tonalidades para que utilicen o mesmo tamaño de palleta:
- Do-N, Si-N, Si-b e La-N utilizan a palleta estándar de Do.
- Re-N, Mi-b, Mi-N e Fa-N utilizan a mesma palleta de Do recortada 1,5 mm.

As gaitas combinan de forma harmónica dozura e potencia sonora. Contan cunha amplia tesitura e unha gama de tonalidades que van dende o Sol-N4ª ate o Fa-N5ª.

En canto a repostos, tense fabricación propia de palletas e pallóns así como foles transpirables de tres capas.

Todo este traballo ten como recompensa o aprecio de numerosos gaiteiros e gaiteiras que acuden a este obradoiro para mercar e mellorar os seus instrumentos.

 

 

Compoñentes do obradoiro: Eladio, Leonor e Afonso

 

 


Vista exterior do Obradoiro

 


Imaxes do interior do obradoiro

Ir ao INICIO


Afonso Castro
Casal, 24   -   36770    O Rosal   -   Pontevedra   GALIZA
Tlf.: (34) 986 625441    -  obradoiro@afonsocastro.com
Todos os dereitos reservados a Afonso Castro