Características a escoller

Aquí mostramos as distintas características que se poden escoller para facer o pedido do instrumento

Características a escoller nos pedidos

Aquí mostramos as distintas características que se precisa escoller para facer o pedido do instrumento:

Tonalidade

A tonalidade máis utilizada é a de Do-n mais tamén son pedidas a miúdo as tonalidades de Re-n, Si-b, La-n, Sol-n… polo que  a tonalidade que se necesita é o principal a ter en conta no pedido.

Acompañantes

A gaita  pódese pedir  nos seguintes  xeitos  e entrégase dentro dun bolso de transporte con todo o kit de repostos.

a.- Gaita básica con ronco

b.- Gaita con ronco e ronqueta

c.- Gaita con ronco, ronqueta e chillón

D.- Gaita con ronco e chillón, forma Perfecto Feijóo

Madeiras e anelados

1ª-Granadillo

É a madeira con máis sonoridade, aquí mostrámola nos anelados que utilizamos

Granadillo anelado en aceiro inoxidábel

Copa-grana-inox

Granadillo anelado en metacrilato beis

Copa-grana-beis

2ª- Buxo

A madeira da nosa terra que se caracteriza por ter un son amábel e potente, expomos os anelados que utilizamos:

Buxo anelado en aceiro inoxidábel

Copa-buxo-inox

Buxo anelado en metacrilato negro

Copa-buxo-negro

3ª- Mocambo

madeira de procedencia americana ten unhas características moi similares ao buxo e os anelados que utilizamos son os mesmos:

Mocambo anelado en aceiro inoxidábel

Copa-mocambo-inox

Mocambo anelado en metacrilato negro

Copa-mocambo-negro

2ª- Bubinga

madeira de procedencia africana ten unhas característica e calidade prezo moi boas pois a calidade que temos asemellase ao buxo. Os anelados son:

Bubinga anelado en aceiro inoxidábel

Copa-bubinga -inox

Mocambo anelado en metacrilato negro

-bubinga-negro

4º Vestidos

Para a elección do vestido vaia á páxina de VESTIDOS onde poderá ver ver todos os que ofrecemos.

5º Extras

Como extras están os traballos que lle dan unha mellor estética á gaita como os vestidos de dous tecido ou os dobres anelados e gravados:

Granadillo, anelados máis espigos en aceiro inoxidábel

Copa-anelado+espigos, inox

Granadillo con buxo, anelados en aceiro inoxidábel

grana-conbuxo

Granadillo con metacrilato beis, anelados en aceiro inoxidábel

Copa-grana-beis-inox

Granadillo con buxo, gravado e anelado en aceiro inoxidábel

Copa-grana-buxo-inox-grava