Adicados á construcción de gaitas dende 1986 Adicados a construcción de gaitas dende 1986 Adicados a construcción de gaitas dende 1986

Obradoiro
Afonso Castro

Benvidas e benvidos á nosa web na que podedes atopar todo o referente ao noso obradoiro e principalmente ás nosas gaitas, con todas as súas características: madeiras, tonalidades, anelados, vestidos…

Este obradoiro inicia a súa actividade no ano 1986, e dende os seus comezos tense marcado como meta o perfeccionamento da gaita galega como instrumento tradicional e auténtico símbolo musical de Galiza.

Froito do contínuo traballo destacan as notables melloras tanto tímbricas como técnicas das gaitas actuais, entre as que se poden destacar a posibilidade de tocar tanto en dixitación pechada como en aberta, a mellora da escala menor, máis segura e afinada, ou á invención e deseño da válvula de pallón no 2012, peza que dá solución ós problemas de sincronización dos roncos co punteiro, tanto ao comezo como ao remate da interpretación, e que mellora considerabelmente as variacións do ronco.

Stock de Gaitas

Nesta folla mostramos fotos de gaitas que rematamos e que podemos entregar axiña.

Repostos

Aquí pode ver todos os repostos e compoñentes que temos.